martes, 5 de julio de 2016

As palilladas

As palilladas eran xuntazas para que as palilleiras sufragaran a escote a pedra de carburo que alumeaba o sobrado e o mesmo tempo co "rexubeo" evitaban sacabanse o sono unhas a outras. Para elo tamen se cantaba, e moito, dende cantigas populares ata cantigas propias das palilladas que lembran a dura profesión da palilleira e a súa relación co sexo masculino. Unha gran diversión para un traballo intenso.

O venres e domingo as 18:00 horas lembraremos, eses momentos musicais, contamos coas propias protagonistas desas palilladas, encargarase deste recuperación a Asociación de Amas de Casa de Camariñas. Aí van algunhas delas:



Cantade nenas, cantade,
¿Por qué non cantades todas?
As nenas de Camariñas
son todas palilladoras.

Cantade nenas, cantade
¿Por qué non cantades todas?
Unhas porque tendes garbo,
outras porque son señoras.


Gracias a vos miña nai
por poñerme a palilleira,
ven a choiva e non me molla
ven o sol e non me queima.

Palillar, meus palilliños,
si queredes palillar,
que os rapaciños de agora
nin ganan para fumar.






No hay comentarios:

Publicar un comentario